Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Observatorio do sector lácteo >> Control leiteiro
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Control leiteiro

O Control leiteiro é unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. Rexistra obxectiva e sistematicamente a produción e a calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estimar o valor xenético da poboación.

O control leiteiro recolle de cada vaca os datos que seguen:

  • Produción: kg de leite.
  • Calidade: porcentaxe de graxa, porcentaxe de proteína, porcentaxe de lactosa, reconto de células somáticas (RCS).
  • Reprodución: inseminacións (data e touro), partos (data, número, tipo e facilidade).
  • Xenealoxía: data de nacemento, pai e nai.

Os datos anteriores serven para calcular:

  • Medias de produción e calidade do leite das explotacións.
  • Índices reprodutivos.
  • A avaliación xenética das femias e dos sementais utilizados para a mellora xenética a través da reprodución (índices de vaca e proba de touros).
  • O apoio ao manexo técnico e económico da explotación.

Datos xerais 2007 (59 Kb)

Datos reconto celular 2007 (92 Kb)

Parámetros reprodutivos 1 (79 Kb)

Parámetros reprodutivos 2 (55 Kb)

Producións medias por concellos e comarcas (88 Kb)

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS