De confirmarse que a media xeométrica dos resultados comunicados polo LIGAL supera o contido máximo permitido de xermes ou de células somáticas:
Procederase á notificación ao gandeiro dos resultados das análises, na que se lle informa de que ten tres meses para corrixir os incumprimentos, e de non facelo neste prazo, deberá suspender a entrega de leite cru agás se, co fin de protexer a saúde pública, so se envía a establecementos onde se somete a un tratamento térmico ata mostrar una reacción negativa á proba da fosfatasa, ou se destina á elaboración de queixo cun período de maduración de a lo menos 60 días.
Tras a notificación, comprobarase, a partir das comunicacións do LIGAL, se esa explotación corrixiu os seus incumprimentos, ou ben restrinxiu as súas entrega de leite aos destinos permitidos.
Se corrixiu, notificarase a corrección.
Se non corrixiu, remitirase unha notificación oficial de confirmación de restrición de comercialización, limitando esta a establecementos onde se somete a un tratamento térmico ata mostrar una reacción negativa á proba da fosfatasa, ou se destina á elaboración de queixo cun período de maduración de a lo menos 60 días.
Se se observa que non se corrixiu o incumprimento e, a pesares da notificación inicial non se respectou a limitación da comercialización, incoarase expediente sancionador reiterando a prohibición de comercialización do leite con destino distinto do autorizado, e efectuarase un seguimento da explotación (con tomas de mostras oficiais), comunicando ao gandeiro os resultados das mesmas.
Se se confirma a presenza de residuos de antibióticos nas mostras oficiais en cantidades superiores ás autorizadas incoarase o oportuno expediente sancionador:
Infracción leve: multa de 3.000€ (1.500€ se a explotación ten un censo de 10 vacas ou menos, e non é reincidente). Se ademais non se dispón da receita veterinaria do antibiótico será sancionado con outros 3.000€. Na incoación do expediente confirmarase, de ser necesario, a medida cautelar de prohibición de comercialización do leite, ata que se comprobe que volve a cumprir.