A Consellería do Medio Rural e do Mar emitiu circulares informativas sobre a campaña de vacinación das reses vacunas, ovinas e cabrúas de Galicia como medida preventiva fronte á lingua azul (circular 1) e respecto das condicións que debe cumprir o transporte de gando con motivo da aparición dun foco desta enfermidade en Asturias e de que algunhas comarcas gandeiras das provincias de Lugo e de Ourense estean incluídas no radio de vixilancia sanitaria do mesmo (circular 2). A seguinte publicación establece as condicións para o movemento de gando vacún por mor da declaración oficial da lingua azul en Galicia (circular 3).
Imprimíronse 8.000 exemplares da primeira circular que lle foi enviada ás Oficinas Agrarias Comarcais: Servizos Veterinarios Oficiais, tanto provinciais como comarcais; sindicatos agrarios; cooperativas agrarias; asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG); colexios de veterinarios e asociacións de tratantes, co fin de manter informados os gandeiros da campaña de vacinación iniciada. Do segundo folleto emitíronse 5.000 exemplares e do terceiro 20.000, que foron distribuídos entre os mesmos colectivos.
A Consellería do Medio Rural e do Mar difundiu en data 10/07/09 a través de todas as Oficinas Agrarias Comarcais circular informativa sobre a campaña de vacinación de lingua azul e as condicións actuais que se deben cumprir nos movementos de animais respecto a esta enfermidade.
Circular 5 (121 Kb)
ANO 2009
Mapas de evolución de vacinacións de lingua azul (20 de setembro)
Ovino - Cabrún (532 Kb)
Vacún (532 Kb)
Casos positivos en lingua azul
[15-09-09] O Laboratorio de Referencia para a lingua azul confirmou nesta data a positividade á enfermidade en 21 novas explotacións galegas, pertencentes a concellos das provincias de Pontevedra (14) e Ourense (7). O número total de casos detectados en Galicia ata esta data é de 135. .
Evolución e medidas de control
Datos sobre a enfermidade (4000 Kb)