Os laboratorios dispoñen de 600 m2, aproximadamente, de zonas con niveis de seguridade P2 e P3 que permiten traballar con axentes responsábeis de zoonoses (caso da tuberculose, da brucelose ou das encefalopatías transmisibles).
Nos últimos anos incorporáronse as técnicas máis modernas para o diagnóstico das enfermidades animais como son os sistemas automatizados de identificación microbiana, os sistemas automatizados para a realización de antibiogramas ou as técnicas baseadas na reacción en cadea da polimerasa (PCR). Tamén se puxo a funcionar unha unidade de procesado de soros con capacidade de ata 20.000 mostras ao día, segundo a técnica e a enfermidade, que constitúe unha ferramenta de enorme importancia ante a posíbel aparición de determinadas patoloxías infecciosas de rápida difusión e de grandes custos sanitarios e económicos, como poden ser as pestes porcinas, a lingua azul ou a influenza aviaria.
O laboratorio de Lugo foi inaugurado no ano 1971. Esténdese por unha superficie duns 3.500 m2. O equipo humano está formado, aproximadamente, por unhas 80 persoas.
No laboratorio de Guísamo traballan 10 persoas e realízanse 920.000 análises ao ano. O laboratorio de Salcedo conta con 9 traballadores e fanse 475.000 análises anuais.

