Os destinatarios das actividades dos laboratorios son:
Outras actividades dos laboratorios están relacionadas coa realización de traballos de investigación no ámbito da epidemioloxía. Dende o ano 1999, os laboratorios realizaron catro proxectos de investigación que permitiron implantar novas técnicas de diagnóstico e coñecer a situación sanitaria da cabana gandeira de Galicia, no que fai referencia a varias enfermidades, co posterior desenvolvemento de programas sanitarios específicos.
Ademais realízanse habitualmente publicacións en revistas e congresos de España e de Portugal. Tamén se está a colaborar con diferentes grupos de investigación das Facultades de Veterinaria de Lugo e de Madrid.
O persoal dos laboratorios tamén participa activamente en cursos de formación relacionados coa calidade e coa investigación epidemiolóxica, colabora coa Facultade de Veterinaria de Lugo na formación de novos veterinarios e cos centros de Formación Profesional na formación de auxiliares de laboratorio.

