O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia leva a termo os estudos, análises e ditames relacionados coa sanidade e coa hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Tamén lle corresponde o control dos laboratorios privados adicados ás materias antes sinaladas. Nas instalacións do laboratorio analízanse 1.000.000 de mostras e fanse preto de 2.500.000 análises cada ano.
Dende xaneiro de 2005, o laboratorio está acreditado pola ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025 para a realización de ensaios físicoquímicos de produtos agroalimentarios e de augas.
A actividade dos Laboratorios de Sanidade e Produción Animal está distribuída en tres centros:
O centro de Lugo é o laboratorio de referencia e coordina os de Guísamo e Salcedo, que actúan como centros de apoio.

