Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal >> Influenza aviaria
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Influenza aviaria

A Consellería do Medio Rural e do Mar forma parte da Comisión Asesora do Plan Galego de Preparación e Resposta á Pandemia da Gripe, na que tamén están a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, a de Economía, a de Educación e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

As medidas adoptadas están baseadas nos seguintes aspectos:

  • Control das importacións das aves e dos seus produtos dende os países nos que está presente a infección. Prohibición da importación de material de risco dende estes países.
  • Intensificación do programa de vixilancia da enfermidade en aves domésticas.
  • Desenvolvemento dun programa de vixilancia en aves silvestres para coñecer as zonas máis sensibles e poder tomar medidas de precaución nas granxas de aves máis próximas.
  • Intercambio de información e cooperación co sector produtor para contrastar o estado sanitario das aves.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS