Museo da gandaría
O Museo da gandaría recolle a historia da gandaría dende o seu inicio ata a actualidade. Os seus fondos vanse incrementando cos aportes dos criadores que, deste xeito, poden sentir como algo seu o museo, revalorizando o seu labor en prol da conservación das razas.
Museo vivo
Mostrar as razas en vivo é unha tarefa moi importante, xa que a sociedade no seu conxunto é a que colabora na recuperación, e ten que ter un medio para coñecelas.

