A Consellería de Medio Rural crea a Mesa da Madeira co obxectivo de impulsar o sector forestal e fomentar o seu papel no desenvolvemento rural, mellorar a rendibilidade e establecer un marco estable de diálogo e intercambio de opinións.
Esta Mesa busca a máxima representación de todos os axentes implicados no ámbito forestal co obxectivo de que se poñan en común e se teñan en conta todos os puntos de vista posibles, acolle a representantes de todas as partes e conta con grupos de traballo específicos para afrontar de xeito operativo cada unha das iniciativas e problemas que se presenten.
A Consellería do Medio Rural e do Mar propón as liñas básicas de traballo da Mesa Galega da Madeira co obxecto de acadar que o sector forestal xogue un papel fundamental no desenvolvemento rural. Neste sentido, pon en marcha iniciativas enfocadas, por unha banda, a fomentar a mellora na produción e, por outra, destinadas ás industrias. No referente á produción, trátase de impulsar a formación forestal dos silvicultores e establecer un marco normalizado para os programas de mellora xenética, comercialización, produción da semente e control da sanidade. En canto ás industrias, incentívase a actuación na procura do peche de ciclos económicos de produtos madeireiros ao tempo que se potencian as relacións entre produtores forestais e empresas de servizos e transformación.
Declaración da Mesa da Madeira Lugo 2008 (17 KB)
Composición da Mesa da Madeira
Administración:
Industria:
Propietarios:
Outros:

