Actividades relacionadas coa desaparición do arborado Nos terreos arborados queimados prohíbese a realización de actividades cuxa viabilidade estea directamente relacionada coa desaparición do arborado, agás autorización expresa da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. | Formulario (24 Kb) |
Aproveitamento de madeira queimada Os aproveitamentos de madeira queimada, con independencia da especie forestal, requiren a autorización previa da delegación provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar que debe ser solicitada polo propietario do terreo ou polo titular dos aproveitamentos. | Formulario (25 Kb) |
| A aradura de calquera terreo forestal para a implantación de cultivos agrícolas ou pasteiros esixe a obtención dunha autorización pola delegación provincial correspondente da Consellería do Medio Rural e do Mar, despois do informe favorábel emitido polo Servizo Técnico Agrario da mesma delegación. | Formulario (24 Kb) |
Autorizacións de competicións deportivas A utilización do territorio incluído en zonas de alto risco de incendios forestais para competicións automobilísticas, de motocrós, de quads e similares, debe ser autorizada pola delegación provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar. Esta autorización debe abranguer a competición e os adestramentos previos á mesma. | Formulario (25 Kb) |
Utilización de maquinaria especial Con carácter xeral, está prohibida a utilización, de maquinaria non forestal nin agrícola con ferramentas que poidan producir chispas ou soldaduras de calquera tipo, nas épocas de alto risco de incendios. Esta prohibición abrangue os montes e as áreas rurais situadas nunha franxa de 400 metros. | Formulario (24 Kb) |
| Está prohibido o pastoreo en todas as áreas arboradas e de monte raso que resulten afectadas por incendios forestais nun prazo mínimo de tres anos a partir da data na que se produce o lume e ata que as condicións de restauración da masa arborizada o permitan. Neste caso, e despois do informe favorábel dos distritos forestais, o exercizo do pastoreo pode ser autorizado pola delegación provincial da Consellería do Medio Rural. | Formulario (25 Kb) |
Limitacións en zonas de alto risco Nas zonas de alto risco de incendios forestais incluídas na relación que se publica anualmente, queda prohibida a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais e de tratamentos silvícolas, agás xustificación técnica da inexistencia doutras alternativas viábeis. Neste caso, a delegación provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar poderá autorizar a utilización do lume, logo de ter presentado a correspondente solicitude. | Formulario (24 kb) |
Permisos para a realización de queimas Fóra da época de máximo perigo de incendios, comprendida entre o 15 de xuño e o 30 de setembro, para realizar traballos en terreos agrícolas e forestais nos que sexa imprescindible facer uso do lume, será obrigatorio dispoñer da correspondente:
As comunicacións e autorizacións de queima presentaranse, coa antelación fixada, nas oficinas provinciais do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais, nas oficinas dos distritos forestais ou nos lugares que se habiliten a tal efecto. | Formulario (130 Kb) |
