A valorización do monte, mediante o seu uso multifuncional, e a implantación dunha auténtica cultura forestal en Galicia permiten a consolidación dun complexo madeireiro e forestal que sirva de base para a creación dunha moderna industria transformadora.
As empresas de transformación forestal desenvolven un importante papel na xeración de emprego e renda nas áreas rurais e, por ende, na fixación de poboación.

