Este rexistro permite, por unha banda, centralizar a información sobre os montes que teñen proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión, como medio para artellar unha política axeitada e realista de xestión das propiedades forestais e un máis áxil e mellor servizo aos seus titulares e, por outra, facilitar a expedición das certificacións oportunas para acreditar a aprobación dos devanditos plans.
O Rexistro de Montes suxeitos a proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión ten como finalidade dar resposta á acumulación dunha serie de circunstancias, entre elas, a natureza destes programas como medios de planificación dos montes, a finalidade perseguida para unha óptima xestión forestal, o interese crecente demostrado polas comunidades de montes veciñais en man común á hora de elaboralos, e a vixente normativa fiscal en canto ás exencións de que son obxecto os propietarios dos montes con proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión.
Co obxetivo de fixar unhas directrices homoxéneas para cumprimentar os Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión, dende a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais indícanse unhas instrucións, un manual e unha base de datos que son útiles para tal fin.
Instrucións para a estrutura e codificación dos plans de xestión forestal (201 Kb)| Proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes |
|---|
