Poderanse realizar comunicacións de queimas de restos agrícolas e solicitudes de autorización de queimas de restos forestais, de acordo ao sinalado no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao trámite de comunicación de queimas por internet
Os cidadáns que desexen queimar restos forestais poden cumprir coa esixencia de solicitude da autorización a través do teléfono 012.
