O Rexistro Vitícola é a ferramenta técnica indispensable para o mellor coñecemento da situación real da viticultura.
Trata de reflectir a realidade da superficie cultivada de viñedo e neste senso recolle datos relativos ás explotacións vitícolas, aos seus titulares e ás parcelas que as constitúen (referencia catastral e características agronómicas en canto a variedades de vinífera e ano de plantación, entre outros).
O rexistro vitícola ten como obxectivo servir como instrumento de xestión técnica e administrativa das superficies de viñedo e así mesmo como unha fonte estatística para o desenvolvemento de estratexias sectoriais.
Consta dunha base de datos alfanumérica e cartográfica que reflexa o máis fielmente posible a realidade vitícola dun ámbito xeográfico determinado nun momento dado.
A inclusión dunha parcela no Rexistro Vitícola non presupón pronunciamento sobre a súa situación legal, que virá determinada pola posesión dos correspondentes dereitos de plantación.
Loxicamente o RV é un instrumento "vivo", suxeito aos cambios nas características estruturais e agronómicas das parcelas de viñedo que integran as explotacións vitícolas e a titularidade das mesmas e polo tanto está permanentemente á disposición dos agricultores para calquera actualización/modificación dos datos nel contidos.
Regulamentación comunitaria:
Regulamento (CE) nº 491/2009, do Consello, de 25 de maio de 2009, que modifica ao Regulamento (CE) nº 1234/2007 polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas(regulamento único para as OCM). (1,1 Mb)
Reglamento (CE) nº 436/2009, da comisión, de 26 de maio de 2009 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello no que respecta ao rexistro vitícola, as declaracións obligatorias e á recopilación de información para o seguimiento do mercado, aos documentos que acompañan ao transporte de produtos e aos rexistros que se han de levar no sector vitivinícola. (1,3 Mb)
Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, do 29 de abril de 2008, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1493/1999, (CE) nº 1782/2003, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 3/2008 e derróganse os Regulamentos (CEE) nº 2392/86 e (CE) nº 1493/1999 (323 Kb).
Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño de 2008, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, no relativo aos programas de apoio, o comercio con terceiros países, o potencial produtivo e os controis no sector vitivinícola (446 Kb).
Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, de 22 de octubre de 2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (regulamento único para as OCM). (1 Mb)
Regulamentación estatal:
Real Decreto 461/2011, do 1 de abril, po la que se modifican determinados Reais Decretos para a aplicación das medidas do programa de apoio ao sector vitivinícola español, sobre declaracións obligatorias no sector vitivinícola e polo que se regula o potencial de producción vitícola. (436 Kb)
Real Decreto 1244/2008, do 18 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola (898 Kb).
Real Decreto 373/2003 do 28 de marzo, de medidas urxentes no sector vitivinícola (216 Kb), (derrogados polo RD 1244/2008 os números do 1 ao 6 do artigo primeiro).
Lei 24/2003 do 10 de xullo, da viña e do viño (99 Kb).
Regulamentación autonómica:
Decreto 21/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a Reserva galega de dereitos de plantación de viñedo. (41 Kb)
Decreto 288/2009, do 7 de maio, polo que se establece o procedemento para a regularización de superficies de viñedo na Comunidade Autónoma de Galicia. (112 Kb)
Orde do 19 de xuño de 2001 pola que se regulan diferentes aspectos do potencial de produción vitícola (619 Kb).
3. Modificación e actualización
A propia dinámica do sector vitícola, que somete as súas superficies a continuos cambios por arrinques, transferencias de dereitos, programas de reestruturación e reconversión do viñedo ou ben pola simple transmisión da propiedade, supón que o rexistro vitícola está suxeito a cambios ou actualizacións.
Por outra parte a complexidade da elaboración desta "oto fixa" que pretende ser o R.V. trae consigo a inclusión de distintos erros que deben ser corrixidos mediante unha modificación permanente e non suxeita a prazos.
Trátase, por tanto dun instrumento dinámico, que non quita nin dá dereitos, pero que é moi importante que mellore constantemente na súa fiabilidade.
Modelo ficha do rexistro vitícola (34 Kb)
A ficha do rexistro vitícola
Polo xeral, todo viticultor, debe posuír a ficha do rexistro vitícola que acredita a súa explotación.
Onde solicitar a ficha?
Todo viticultor poderá solicitar calquera aclaración sobre a súa ficha do rexistro no Servizo de Explotacións Agrarias da súa provincia ou na Oficina Agraria Comarcal correspondente, onde se lle facilitará unha copia da mesma.
Cal é o prazo para as modificacións/actualizacións das fichas?
Non existe prazo algún. Pódese realizar permanentemente a súa actualización, se é o caso, dos datos erróneos ou que tivesen cambiado. O rexistro vitícola está sempre á disposición dos agricultores para calquera consulta, actualización ou modificación.
Como corrixir os datos da ficha vitícola?
Todo viticultor que o considere necesario, deberá presentar solicitude de actualización/modificación dos datos do rexistro para corrixir calquera erro que apareza reflectido na súa ficha vitícola e solicitará as mesmas preferentemente nas Oficinas Agrarias Comarcais en impreso oficial a tal efecto segundo o modelo publicado como anexo I da citada Orde do 19 de xuño de 2001, e se é o caso, achegando debidamente a documentación xustificativa conforme ao disposto nela.
A competencia para o establecemento do Rexistro Vitícola comunitario correspondeulle aos Estados Membros da Unión Europea. Foi o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) o encargado da súa realización no estado español, e ademais se debía ocupar da súa actualización regular.
Dende a entrada en vigor da lei estatal da Viña e do Viño (Lei 24/2003, de 10 de xullo) a Comunidade Autónoma de Galicia é responsable do seu mantenemento e actualización, sendo responsable da súa xestión o Servizo de Explotacións Agrarias da Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias dentro da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar.
5. Solicitudes de actualización/modificación de datos
Estas solicitudes están deseñadas para tramitar:
Altas e baixas de parcelas
1. As solicitudes de baixa que impliquen unha alta ou viceversa deberanse presentar á vez, e ademais:
2. No caso de que se solicite a alta de parcelas por parte dun viticultor e non exista a "baixa", terase en conta o seguinte:
3. Cando se solicite baixa e non se teña presentada a alta desa parcela, pasará a descoñecido no rexistro.
4. A baixa por ter desaparecido o viñedo na parcela, tras comprobar a inexistencia de dereitos de replantación, reflectirase na base de datos do rexistro a solicitude do titular ou ben de oficio, como consecuencia de inspeccións de campo, dando audiencia ao explotador teórico.
1. Do titular, explotador ou viticultor
2. Do propietario
3. Da superficie
4. Da data de plantación
5. Das variedades de vinífera
Clasificación viníferas Galicia 2011 (18 Kb)

