Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Viñedo >> Reestruturación do viñedo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Reestruturación do viñedo  

  1. Que é a reestruturación e reconversión do viñedo?
  2. Normativa
  3. Beneficiarios
  4. Tipos de plans
  5. Requisitos
  6. Axudas
  7. Custos unitarios

1. Que é a reestruturación e reconversión do viñedo?

A viticultura galega, que está a facer fronte a un mercado competitivo, está nun proceso de mellora estrutural e orientación varietal das explotacións vitícolas para obter os mellores viños galegos de calidade coa súa diferenciación e tipicidade. Neste senso, establécese un réxime de axudas cos seguintes obxectivos:

  • reconversión varietal
  • reimplantación dos viñedos
  • mellora das técnicas de xestión (sistema de condución e marco de plantación, entre outros)

2. Normativa

Regulamentación comunitaria:

Regulamento (CE) nº 479/2008 (323 Kb) do Consello do 29 de abril de 2008 polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1493/1999, (CE) nº 1782/2003, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 3/2008 e se derogan os Regulamentos (CEE) nº 2392/86 e (CE) nº 1493/1999.

Regulamento (CE) nº 555/2008 (446 Kb) da Comisión do 27 de xuño de 2008 polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, no relativo aos programas de apoio, o comercio con terceiros países, o potencial produtivo e os controis no sector vitivinícola.

Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, de 22 de octubre de 2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (regulamento único para as OCM). (1 Mb)

3. Beneficiarios 

Viticultores que soliciten un plan de reestruturación e reconversión para explotacións situadas en Galicia.

4. Tipos de plans 

Colectivos:

  • Mínimo 5 viticultores
  • Superficie mínima do plan ≥ 2,5 ha.

Individuais:

  • Un único viticultor
  • Superficie mínima do plan ≥ 0,5 ha.

Os plans colectivos teñen prioridade sobre os individuais.

5. Requisitos 

  • Superficie mínima da parcela reestruturada ou reconvertida: 100 m².
    • Superficie final máxima con dereitos de transferencia: 20% da superficie total do plan (non se inclúen os achegados polos Agricultores Mozos).
    • Acordo asinado por todos os integrantes do plan colectivo que inclúa a designación dun representante da agrupación de viticultores.

    Outros requisitos

    • Orientación produtiva cara a variedades clasificadas en Galicia como recomendadas co emprego de portaenxertos certificados.
    • Non se incluirán no plan parcelas en situación irregular ou non declaradas no rexistro vitícola.
    • Respectaranse as densidades máximas de plantación fixadas pola normativa.

    6. Axudas 

    • Subvención máxima do 75% do investimento calculado segundo uns custos unitarios máximos por operación.
    • Compensación económica pola perda de ingresos durante o período improdutivo (1.600 €/ha en cada campaña). O beneficiario pode recibir anticipadamente o 50% da axuda correspondente a unha parcela se:
      • comezou a executar a reestruturación nesa parcela
      • ten constituída unha garantía financeira por un importe mínimo do 120% do anticipo da axuda.

    7. Custos unitarios 

    Os produtores proxectarán os expedientes incluíndo todas e cada unha das operacións que consideren necesarias para a reestruturación e/ou reconversión dos seus viñedos segundo os seguintes custos unitarios máximos.

     

    Orde do 10 de marzo 2011 convocatoria axudas viñedo (93 Kb)

    Orde de 29 de xaneiro bases reguladoras axudas viñedo (342 Kb)

    Reestructuración do viñedo

    © Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
    RSS