Explotacións Agrarias Prioritarias
Segundo a Lei Estatal 19/1995, de 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias terán a consideración de explotacións agrarias prioritarias as explotacións que cumplan os seguintes requisitos:
1. EXPLOTACIÓNS FAMILIARES E OUTRAS CUXOS TITULARES SEXAN PERSOAS FÍSICAS
1.1. Explotacions familiares
Requisitos do titular
- Ter entre 18 e 65 anos.
- Ser agricultor profesional: Persoa física que sendo titular dunha explotación agraria, como mínimo o 50% da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25% da súa renda total e o volumen de emprego adicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha Unidade de Traballo Agrario.
- Posuir capacitación agraria suficiente.
- Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos en función da súa actividade agraria. Dentro do réxime indicado, poderáse estar incluido no Sistema Especial para Traballadores por conta propia agrarios.
- Residir na comarca da explotación ou limítrofe.
Requisitos da explotación
- Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotacións Agrarias.
- Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
- Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da renda de referencia e inferior al 120 % desta, sendo a renda de referencia o indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España.
1.2. Comunidades hereditarias
- A explotación, e alomenos un dos partícipes na comunidade, debe reunir os requisitos esixidos ás explotacións familiares.
- Debe existir un pacto de indivisión por un período mínimo de 6 anos a partir da calificación da explotación como prioritaria.
2. EXPLOTACIÓNS ASOCIATIVAS
Requisitos da explotación
- Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotaciones Agrarias.
- Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
- Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da renda de referencia e inferior al 120 % desta.
- Deberá, segundo os casos, responder a calquera das alternativas establecidas no artigo 5 da Lei 19/1995.
- A forma xurídica da explotación asociativa deberá ser algunha das seguintes:
- Sociedade cooperativa ou sociedade agraria de transformación.
- Sociedade civil, laboral ou outra mercantil, cuxo obxecto exclusivo sexa o exercicio da actividade agraria na explotación da que sexan titulares. No caso de ser sociedade anónima, deberá cumplir asimesmo outros requisitos contidos no artígo 6 da Lei 19/1995.
Lexislación
Nacional
Autonómica
- Decreto 253/2008 (70 Kb), do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
- Orde do 22 de xaneiro de 2009 (166 Kb) pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.
- Corrección de erros (81 Kb).-Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.
Procedementos