Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica o 10 de novembro de 2008 (DOG nº 218) o Decreto 253/2008 (70 Kb), do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Este Rexistro ten carácter xeral, de xeito que calquera explotación agraria é susceptible de inscrición, quedando englobadas as explotacións agrarias que teñan a cualificación de prioritarias na sección do rexistro denominada Explotacións Agrarias Prioritarias, e as demais explotacións agrarias que non gocen desta cualificación incluiranse na sección denominada Outras Explotacións Agrarias.

O Decreto consta dunha parte expositiva, 20 artigos divididos en catro capítulos, dúas disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

No capítulo de Disposicións xerais establécese o obxecto e ámbito de aplicación deste Decreto, xunto cunha serie de definicións para os efectos do seu desenvolvemento, como son actividade agraria, explotación agraria e elementos que a constitúen, unidade de produción, os diferentes tipos de titularidade da explotación, renda total da persoa titular da explotación, persoa agricultora profesional, persoa agricultora a título principal, unidade de traballo agrario (UTA), renda unitaria de traballo (RUT) e renda de referencia.

No capítulo de organización e funcionamento do rexistro se regula que o REAGA se organizará en dúas seccións e que o método de inscrición será ben por petición da persoa titular da explotación ou ben de oficio. A resolución das solicitudes de inscrición serán competencia do director xeral de explotacións agrarias no prazo de 3 meses. Os artigos 8º e 9º regulan a identificación esixida ás explotacións para proceder a súa inscrición. Idénticamente a actualización e a baixa do rexistro poderán ser de oficio ou a petición do titular. Os cambios de sección e as modificacións substanciais que afectan as explotacións deberán ser comunicadas de xeito a poder ser actualizados rexistralmente.

As Explotacións Agrarias Prioritarias para poder ser inscritas na seción deberán cumplir os requisitos dos artigos 4,5, e 6 da Lei 19/1995 de Modernización das Expltoacións Agrarias, situación que posibilita a obtención preferente de beneficios, axudas, medidas de fomento, etc. Tal cualificación esixirá posibilitar a ocupación, polo menos, dunha unidade de traballo agrario (UTA) e que a súa renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ao 35% da renda de referencia e inferior ao 120% (art. 13).

Os distintos requisitos esixidos segundo os dous casos posibles de explotación prioritaria, que o titular sexa persoa física ou entidade asociativa, veñen regulados nos art. 14 a 17 e art. 18 no respectivamente. O Decreto tamén inclúe como posibles explotacións prioritarias aquelas que radiquen en zonas de montaña de acordo co Regulamento (CE) nº 1698/2005, non podendo acadar o límite de Renta Unitaria de Traballo de 120% e cumprindo ademáis os requisitos do art. 19 segundo a titularidade recaia sobre persoas físicas ou xurídicas.

Na sección do REAGA denominada Outras explotacións agrarias poderán inscribirse aquelas explotacións que non cumpran os requisitos para seren prioritarias pero que desenvolven actividade agraria. Quedan exceptuadas destes requerimentos as explotacións consideradas de autoconsumo.

O procedemento que desenvolve as disposicións do Decreto 253/2008  regulase pola Orde do 22 de xaneiro de 2009 (DOG nº 19 de 28 de xaneiro).

Lexislación

Nacional

Autonómica

  • Decreto 253/2008 (70 Kb), do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  • Orde do 22 de xaneiro de 2009 (166 Kb) pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.
  • Corrección de erros (81 Kb).-Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.


Procedementos


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS