Prazo de execución do plan de mellora
O prazo de execución dos investimentos será, como máximo, de 18 meses.
Contía e tipos
A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento, ou no caso de non solicitar préstamo, poderase obter unha axuda en forma de subvención de capital.
Cadro de axudas para o 2011 (24 Kb)
Prazo
Dende a data de saída da orde ata o 28 de febreiro de 2011.
Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade. Consulte os enderezos das oficinas agrarias.
