Plans de mellora

Coa finalidade de garantir un desenvolvemento sustentable do noso espazo rural é necesario apoiar a mellora da renda das explotacións agrarias nun sentido amplo que inclúa a mellora da calidade das producións, o respecto polo ambiente e a diversificación das actividades.

Neste sentido, a axuda aos investimentos ten por obxecto modernizar as explotacións agrarias, aumentar o rendemento económico a través dunha utilización adecuada dos factores de produción, incluída a utilización de novas tecnoloxías e a innovación, centrándose na calidade e a diversificación, así como en mellorar a seguranza ambiental e a seguranza no traballo, a hixiene e o benestar dos animais nas explotacións.

Este proceso debe continuar no marco do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen as disposicións de aplicación do antedito Regulamento do Consello, así como no previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.
As axudas para 2011 están reguladas pola Orde do 29 de decembro de 2010 que modifica a orde do 31 de maio (DOG nº105, do 4 de xuño) van dirixidas á realización de investimentos para a mellora do sistema produtivo así como á incorporación de agricultores mozos e mozas como titulares das explotacións do sector agrario, no marco dos anteditos regulamentos e en concordancia coas liñas estratéxicas comunitarias e estatais reflectidas tamén na redacción do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013. O cofinanciamento do Feader nestas axudas poderá acadar unha porcentaxe do 57,56% do gasto executado.

Para acadar os obxectivos é necesario dirixir as actuacións ás explotacións agrarias que acrediten a súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais; nas cales a persoa titular teña a capacidade e competencia profesionais adecuadas. Así mesmo, é preciso velar pola actividade agraria máis alá da condición de agricultor/a profesional, sempre que se acredite a viabilidade económica e se cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

A incorporación da poboación nova e capacitada á titularidade das explotacións agrarias é unha das mellores vías para estimular a introdución de novas tecnoloxías no sector e contribuír a asegurar a súa competitividade e a continuidade do tecido agrario.
 
Beneficiarios e investimentos obxecto de axuda

Beneficiarios
Os plans de mellora das explotacións agrarias suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, e ademais deberán demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais a executar están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación agrícola. Os beneficiarios, entre outros requisitos, deberán:

Investimentos obxecto de axuda


Investimentos exceptuados de axuda
Non se concederán axudas para os seguintes investimentos:

 
Prazos, contía e tipos

Prazo de execución do plan de mellora
O prazo de execución dos investimentos será, como máximo, de 18 meses.

Contía e tipos
A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento, ou no caso de non solicitar préstamo, poderase obter unha axuda en forma de subvención de capital.

Prazo

Establécese para o ano 2011 un período de solicitude de: dende a entrada en vigor da orde ata o 28 de febreiro de 2011.

O prazo para resolver as subvencións será antes do 31 de decembro de 2011.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade. Consulte os enderezos das oficinas agrarias.

Bases reguladoras 2010 (421 Kb)

Convocatoria 2011 (81 Kb)

Norma complementaria 2011 (7.4 Mb)

Ponencias curso medidas 112 e 121

Formación medidas 112 e 121