Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Plans de mellora >> Beneficiarios e investimentos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Beneficiarios e investimentos obxecto da axuda

Beneficiarios

Os plans de mellora das explotacións agrarias suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, e ademais deberán demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais a executar están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación agrícola. Os beneficiarios, entre outros requisitos, deberán:

  • Ser titulares dunha explotación agraria.
  • Presentar un plan de mellora da súa explotación.
  • Comprometerse a exercer a actividade agraria durante cinco anos.
  • Acreditar a súa viabilidade económica.
  • Acadar polo menos unha UTA.
  • Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

Investimentos obxecto de axuda

  • A mellora das condicións de vida e traballo dos/as agricultores/as.
  • A mellora cualitativa das producións en función das necesidades de mercado e con vistas á adaptación ás normas comunitarias de calidade, así como para a diversificación das actividades agrarias.
  • A adaptación das explotacións con vistas a reducir os custos de produción, aforrar enerxía ou auga, ou a incorporación de novas tecnoloxías.
  • O cumprimento das novas normas comunitarias en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.
  • A mellora das condicións de hixiene das explotacións gandeiras, a protección e mellora do solo, da cuberta vexetal e do ambiente.


Investimentos exceptuados de axuda

Non se concederán axudas para os seguintes investimentos:

  • Os investimentos de simple substitución non poderán optar a axudas ao investimento.
  • Os investimentos na compra de dereitos de produción, animais e plantas anuais e a súa plantación.
Beneficiarios e investimentos

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS