Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Outros plans de mellora >> Mellora da competitividade
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Plans de melloras da competitividade das explotacións leiteiras

Axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da reducción dos custos de produción.


A innegable transcendencia que as explotacións leiteiras presentan en Galicia desde unha dimensión económica, social e ambiental, e o seu importante peso relativo no conxunto do Estado, xustifica que unha parte considerable dos fondos adicionais derivados do Chequeo Médico e do Plan Europeo de Recuperación Económica (PERE) asignados ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia se destinen ao novo reto das  medidas de acompañamento á reestructuración do sector lácteo, a fin de  mellorar a viabilidade  e competitividade das explotacións leiteiras con perspectivas de continuidade, corrixindo o lastre que moitas destas explotacións poden ter polo esforzo feito para axustarse ao escenario actual, especialmente no caso dos territorios cun maior grao de dependencia do sector lácteo, de forma que se garanta a produción e as posibilidades de competir nun mercado liberalizado.

Estas axudas aos investimentos exclusivamente dirixidos ás explotacións leiteiras, a fin de mellorar a súa competitividade especialmente a través da reducción dos custos de produción se encadran tanto no marco do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento  rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen as disposicións de aplicación do antedito Regulamento do Consello, así como no previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.

As axudas reguladas na orde de mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da reducción dos custos de produción, van dirixidas ao apoio a aquelas inversións que incidan na estratexia de redución de custos mediante estratexias de  aforro e a eficiencia enerxética nas explotacións, que minimicen a dependencia externa da enerxía,  e a substitución de insumos por recursos naturais localmente dispoñibles, que permitirán incrementar a competitividade das explotacións, redundando á súa vez nunha redución significativa das externalidades ambientais asociadas á actividade agraria.

As axudas encádranse no marco dos anteditos regulamentos e están en concordancia coas liñas estratéxicas comunitarias e estatais reflectidas tamén na nova redacción do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013. O cofinanciamento do Feader nestas axudas acadará unha porcentaxe do 90% do gasto executado.

Para acadar os obxectivos é necesario dirixir as actuacións ás explotacións agrarias que acrediten a súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais; nas cales a persoa titular teña a capacidade e competencia profesionais adecuadas.

 

Convocatoria para o ano 2011

Norma complementaria 2011- versión 2 - actualizado 01/09/2011 (1.116 Kb)

Convocatoria ano 2009

Norma complementaria 2009 (4.000 Kb)

Resumo da axuda (434 Kb)

Manual explicativo de cumprimentación do Anexo III (2.405 Kb)

Cálculos cumprimentación Anexo III (425 Kb)

Plans de melloras da competitividade

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS