Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Incorporación de mozos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Incorporación de mozos á actividade agraria

A Consellería do Medio Rural e do Mar, na súa intención de favorecer o relevo xeracional de titulares de explotacións, convoca axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria. A estas medidas engádense outras como as axudas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, o asesoramento de explotacións ou o fomento de métodos de produción agraria compatibles co ambiente, nas que se prima a condición de agricultor mozo.

A convocatoria para a incorporación de agricultores mozos foi implementada mediante a Orde do 31 de maio de 2010 , pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, modificada pola Orde do 29 de decembro de 2010.

No caso das persoas que decidan incorporarse á actividade agraria, para solicitar a axuda correspondente deberán ter entre 18 e 40 anos de idade; posuír o nivel de capacitación profesional necesario para desempeñar o seu traballo -ou comprometerse a obtelo no prazo de dous anos desde a súa instalación-; exercer a actividade agrogandeira durante cinco anos; instalarse nunha explotación que requira un volume de traballo de polo menos unha persoa; cumprir as normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais.

Ao igual que na convocatoria do ano pasado, un agricultor ou agricultora moza poderá darse de alta como titular exclusivo, cotitular ou socio dunha determinada explotación, tanto a tempo parcial como total.

Aquelas persoas que sexan cónxuxes ou parellas de feito de titulares ou socios/as de explotacións poderanse beneficiar da axuda de incorporación.

Convocatoria para o ano 2011

Norma complementaria 2011 (7.41 Mb)

Incorporación de mozos

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS