Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Desenvolvemento rural

A Consellería do Medio Rural e do Mar aposta decididamente por coordinar as diversas actuacións de desenvolvemento rural, co fin de lograr unha política neste eido máis coherente e eficaz.

A política de desenvolvemento rural ten en conta o elevado peso económico e social do sector agrario no conxunto da economía galega, así como a dependencia da actividade agraria dunha ampla parte do espazo rural.

O obxectivo é crear un marco coherente e firme que garanta o futuro do medio rural e contribúa ao mantemento e á creación de emprego.

Acadar estes propósitos pasa por reforzar o sector agrario e o forestal e mellorar a competitividade das zonas rurais, ao tempo que se incentiva un modelo de produción diversificado e respectuoso co medio ambiente.

A Política de Desenvolvemento Rural cofinanciada con fondos comunitarios desenvolverase no período 2007-2013 a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, no que se establecen as principais chaves estratéxicas para avanzar na consecución dun obxectivo básico: a viabilidade social e económica das áreas rurais.

Publicacións e Normativa Normativa Publicacións
 
 
Neste momento non existe información nesta área
 
 
Neste momento non existe información nesta área
 
 
Neste momento non existe información nesta área
AGADER
Ente público da Xunta de Galicia adscrito á Consellaría do Medio Rural, creado co fin de promover e coordinar o desenvolvemento rural de Galicia.
SODECO
Sociedade pública encargada da elaboración de estudos, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal.
FOGGA
Organismo autónomo de carácter comercial e financeiro que desenvolve as accións necesarias para a aplicación da Política Agraria Común no eido agrícola e gandeiro.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS