O 56% da poboación dos 27 Estados membros da Unión Europea (UE) vive en zonas rurais, e estas representan o 91% do seu territorio; de aí a vital importancia do desenvolvemento rural.
A agricultura e a silvicultura seguen sendo decisivas para a utilización das terras e a xestión dos recursos naturais das zonas rurais da EU e ademais, permiten diversificar a economía das comunidades rurais.
É por isto que a política de desenvolvemento rural pasou a ser unha prioridade xeral da UE.
