O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) é o instrumento único de financiamento da política de desenvolvemento rural. Contribúe á realización dos tres obxectivos correspondentes aos tres eixos de desenvolvemento rural definidos a nivel comunitario, é dicir:
A intervención do Fondo complementa as actuacións estatais, rexionais e locais e contribúe ao logro das prioridades comunitarias. A Comisión e os Estados membros deben así mesmo garantir a coherencia entre a asistencia procedente deste Fondo e dos Estados membros coas actuacións, as políticas e as prioridades da Comisión e coas medidas financiadas con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA).
