A autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia é a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar.
A autoridade de xestión é responsábel da elaboración, xestión e aplicación eficiente, eficaz e correcta do programa de acordo coas funcións e responsabilidades que lle atribúe o artigo 75 do Regulamento (CEE) 1698/2005:
A autoridade de xestión asegurarase de que os contratos públicos ou as concesións concedidos, con respecto a proxectos que se benefician da axuda do Feader, cumpren coas disposicións das Directivas 2004/17/CE e 2004/18/CE, do Regulamento (CE) nº 1564/2005 ou cos principios do Tratado onde sexan aplicábeis.
De acordo coa previsión contida no número 2 do artigo 75 do citado Regulamento, as tarefas encomendadas á autoridade de xestión poderán ser obxecto de delegación a outro organismo, sempre que esta siga sendo plenamente responsábel da eficacia e a corrección da xestión e do cumprimento das ditas tarefas.

