Introdución:
Propoñémoslle un agradable paseo polo intinerario ambiental do Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, no que poderá disfrutar da observación de gran variedade de árbores, tanto autóctonas como exóticas, animais e xacementos arqueolóxicos de hai miles de anos.
Puntos de interese
Carballos americanos:
É a árbore máis abundante do parque, e ainda que non é autóctona, pola súa similitude co carballo estase utilizando para a rexeneración do solo dos bosques empobrecidos polas plantacións de eucaliptos.
Bidueiros:
Son árbores autóctonas, utilizadas polos nosos antergos para múltiples usos como construcción de zocos, aparellos de labranza, elaboración de pergamino, cerveza, ...etc.
Eucaliptos:
Proveñen de Australia e están moi extendidos debido á utilización da súa madeira na fabricación de papel. Nin froitos nin follas son comidos polos animais de Galicia, e ademais dificultan o crecemento das plantas do pais. As súas repoboacións masivas provocan o empobrecemento e a desecación do solo despois de varios anos.
Acacias negras:
Orixinarias de Australia, foron introducidas como ornamentais. Provocan efectos semellantes ós do eucalipto sobre os ecosistemas. No parque pódense ver algúns exemplares centenarios.
Bosque de ribeira:
Ó longo do regato que alimenta o lago, pódense observar as distintas especies que configuran o bosque de ribeira, como salgueiros, amieiros, abeleiras, etc. Ademais hai outras especies que non forman parte deste tipo de bosques como o escornabois (reconocible pols seus froitos vermellos), e outras árbores exóticas como o ciprés dos pantanos de Florida ou a araucaria do Brasil.
Castiñeiros:
Dan nome o lago, xa que hai anos eran a especie máis abondosa da zona. Considéranse autóctonos, pero foron introducidos en Galicia polos romanos.
Observatorios de aves
Existen dúas zonas de observación de aves, unha no bosque e outra no lago. Dispoñen cada unha dun panel coas especies máis representativas, aínda que non todas se poden ver con facilidade, e de comedeiros en caixas de niño. No verán chegan ó lago especies migratorias como o "parrulo chupón" e o "parrulo asubión".
No parque hai tamén un recinto onde viven cervos e gamos, así como un grupo de ocas e gansos que empregan o lago como lugar habitual de cría.
Fora dos límites do parque existen mostras prehistóricas do período megalítico ( do 3.500 ata o 2.000 antes de Cristo). Na actualidade son difíciles de identificar, ben por estar derrubadas parcial ou totalmente semellando montículos naturais, ben porque foron víctimas de sucesivos expolios que deterioraron a súa estructura primitiva. A máis representativa é a Mámoa de Rei, cunhas dimensións de 30 x 20 metros. Na mesma zona atopamos petrogrifos (gravados en pedra) de significado que ainda hoxe nos é descoñecido.
Algúns consellos

