Introdución:
Relación de actividades que os grupos poden solicitar para realizar durante a súa visita á aula da natureza "San Xulián" de Cotorredondo (Pontevedra).
Estudio do Bosque Autóctono
A actividade consiste nunha charla introductoria, para logo seguir unha ruta de observación polo bosque de Cotorredondo e o entorno do Lago Castiñeiras. A actividade remata cunha visita ó Centro de Recuperación de Fauna.
Descargar o material da actividade (371 Kb).
Recuperación de Fauna Silvestre
Charla e audiovisual sobre a finalidade e funcionamento dun hospital para especies en perigo de extinción, seguida dunha visita, deseñada de xeito que non se interfiran os procesos de recuperación, a algunhas das instalacións do Centro.
Teoría e práctica da Reciclaxe
Obradoiro práctico de fabricación de papel reciclado, acompañado de proxección audiovisual e unha explicación con demostracións concretas do principio das Tres R como alternativa ós sistemas de xestión do lixo.
Descargar o material da actividade (498 Kb)
Obradoiro de Enerxías Alternativas
É unha actividade teórico-práctica na que se explican ás diferentes fontes de obtención de enerxía coa súa problemática, e se farán pequenos experimentos que mostran á obtención de enerxías alternativas en base ó sol, ó vento e a auga.
Descargar o material da actividade (370 Kb)
Prehistoria e Natureza
A actividade consta dunha charla e proxección audiovisual sobre a evolución do entorno natural e as modificacións da humanidade sobre o mesmo ó longo da historia, seguido dun percorrido polos xacementos arqueolóxicos da zona (mámoas e petroglífos).
Descargar o material da actividade (445 Kb).
Itinerarios Estacionais en Cotorredondo
Itinerarios de estudio e interpretación do entorno. Consisten nunhas charlas na aula seguidas de itinerarios que varían estacionalmente en función dos ciclos naturais: Os Cogumelos en outono, Plantas con Flores en primavera, A Vida nas Charcas en primavera e verán, etc.
Encontros coa Natureza:
Duración e número de participantes variables en función das características de cada grupo.

