Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats), con obxecto de salvagardar os espazos naturais mais importantes de Europa. Componse de zonas especiais de conservación (ZEC) declaradas polos Estados membros con arreglo á Directiva sobre hábitats e, ademais, das zonas especiais de protección para as aves (ZEPA) que se designan de acordo coa Directiva aves (Directiva 79/409/CEE do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres).
Proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia (Decembro 2011)
A actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso completar a aplicación en Galicia da Directiva 92/43/CEE, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, coa aprobación dunha nova proposta de LIC. A Comisión Europea, nas súas Decisións 2004/813/CEE (DOUE nº L 387, 29/12/2004) e 2006/613/CE (DOUE nº L 259, 21/09/2006), estableceu para cada unha das rexións bioxeográficas e para cada estado membro, as necesidades de mellora na contribución á rede Natura 2000 que se debían contemplar nas futuras ampliacións, corrixindo as insuficiencias detectadas ou mellorando a información.
Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia (17 Mb)
Anexo-I. Cartografía dos LIC ampliados (19 Mb)
Anexo-II. Cartografía dos novos LIC (14 Mb)
Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia
O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia plantéxase como o instrumento de planificación ordenación e xestión en rede dos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de Galicia, dando cumprimento ás esixencias establecidas nas directivas europeas (Directiva 92/43/CEE, Directiva 2009/147/CE), así como na normativa estatal (Lei 42/2007) e autonómica (Lei 9/2001), a fin de asegurar o mantemento nun estado de conservación favorable dos hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna establecidas nos Anexos II, IV, V da Directiva 92/43/CEE e no Anexo I da Directiva 2009/147/CE.
Conforme ao establecido no artigo 16 da Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, sométese á participación do público o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.
Todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados por este plan, poderán remitir observaciones e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Médio Rural, San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico pdnatura2000.cmr.santiago@xunta.es
Plan Director Rede Natura 2000 - 7,4 Mb
Delimitación (Mapa 1) - 70 Mb
Unidades Ambientais (Mapa 2) - 78 Mb
Valoración (Mapa 3) - 71 Mb
Zonificación (Mapa 4) -71 Mb
Sectorización (Mapa 5) - 71 Mb
Anexos
Patrimonio natural e biodiversidade (Anexo I) - 57 Mb
Marco normativo e programas (Anexo II) - 1 Mb
Medio socioeconómico (Anexo III) - 3,3 Mb
Espazos da Área Litoral (Anexo IV) - 121 Mb
Humidais e Corredores Fluviais (Anexo V) - 220 Mb
Espazos das áreas de Montaña (Anexo VI) - 190Mb
Xeorreferenciación (Anexo VII) - 10,5 Mb

