Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Veiga de Ponteliñares
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Veiga de Ponteliñares

Veigas aluviais con enchoupamentos temporais a carón do río Limia, asolagables cando hai enchentes. A zona é completamente chaira, aínda que está rodeada de montes que superan os 1.000 m s.n.m. na zona de Bande/Verea e Calvos de Randín. A altura máxima do espazo natural denominado Veigas de Ponteliñares é de 620 m s.n.m.

O LIC inclúe unha extensión de case 130 ha de veigas, que supoñen unha parte significativa das aínda existentes ás beiras do Limia, e mais unha pequena fracción das que houbo ata mediados do século XX, cando a política da ditadura de Franco levou consigo a desecación e cavadura de boa parte destes terreos, incluíndo a vasta lagoa de Antela.

A área pertence á rexión mediterránea, zona ibero-atlántica e provincia carpetano-ibérico-leonesa, adscribíndose ao sector galaico-duriense.

 

Información detallada

Mapa topográfico (283 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS