Espazo natural que abarca as beiras do río Támega no territorio galego, protexendo os seus importantes bosques de ribeira e formacións de vexetación acuática, incluíndo a palustre, ademais das chairas aluviais e lagoas estacionais das marxes. A altura máxima do espazo é de 860 m s.n.m., sendo a media de 409 m s.n.m.
A área pertence á rexión mediterránea, provincia carpetano-ibérica-leonesa e sector lusitano-duriense (subsector duriense).
