Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Pena Trevinca
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pena Trevinca

Macizo montañoso con cotas de alta montaña fronteirizo coas comarcas da Senabria e A Cabreira (Zamora). Aquí atopamos os mellores ecosistemas subalpinos de Galicia. É de destacar o teixedal de Casaio, unha das fragas de teixos de maior importancia da península Ibérica. A altura máxima do espazo é de 2.120 m s.n.m., sendo a media de 1.373 m s.n.m.

Este LIC ten un estado de conservación en xeral bo, aínda que sofre frecuentemente a acción dos lumes e os impactos derivados da minaría (extracción de lousa).

A área pertence á rexión mediterránea, provincia carpetano-ibérico-leonesa, sector ourensán-sanabrés e subsector ourensán.

Información detallada

Mapa topográfico (22 Mb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS