Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Negueira
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Negueira

Canón do río Navia ao seu paso polo termo municipal de Negueira de Muñiz e áreas montañosas veciñas, de relevo moi accidentado e alto valor paisaxístico. O rango altitudinal oscila entre os 240 no fondo do val e os 1.286 m s.n.m. do monte Busbeirón, cunha altitude media de 596 m. O Navia está encorado por completo todo ao longo do seu curso dentro o LIC (arredor de 14 km), formando parte do encoro de Salime, que penetra na veciña Asturias. O substrato litolóxico está integrado fundamentalmente por lousas e xistos sobre os que actuou a oroxenia alpina, erosionándose posteriormente ata producir esta quebrada topografía, co curso do Navia moi encaixado entre cumios montañosos abruptos, polo medio dos cales circulan algúns pequenos afluentes sobre pendentes acusadas. Área moi pouco poboada, sometida a un marcadísimo descenso demográfico.

Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués, aínda que limitando co sector galaico-asturiano e coa subprovincia orocantábrica (sector laciano-ancarense). Dominio climático oceánico de montaña, cunha precipitación media anual de 1.500-1.700 mm e unha temperatura media de 9-10 ºC.

 

Información detallada

Mapa topográfico (6,2 Mb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS