Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Illas Estelas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Illas Estelas

Pequeno arquipélago granítico situado ao norte da enseada de Baiona, integrado por dúas illas principais de escasa altura, Estela de Fóra e Estela de Dentro, así como algúns illotes e penedos que afloran durante a baixamar (Serralleiras), ademais da zona marítimo-terrestre continental veciña, de perfil totalmente acantilado, pertencente á península de Monteferro ou punta de Meda, que se estende entre as praias de Patos, ao norte, e de Portocelo, ao sur, ao longo de case 3 km. A altura máxima do espazo é de 24 m sobre o nivel do mar.

O LIC inclúe unha extensión de 707 ha de augas mariñas, que na súa maior parte afectan a fondos por encima dos 15 m de profundidade e cuxo estado de conservación é moi bo.

A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 877 mm, temperatura media de 13,8 ºC e ausencia total de xeadas.

 

Información detallada

Mapa topográfico (568 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS