Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Gándaras de Budiño
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Gándaras de Budiño

Zona chaira aluvial e pantanosa próxima ao río Louro, afluente do río Miño, no extremo sudoeste galego. Esta área, delimitada polas alturas da serra do Galiñeiro polo oeste e polos outeiros graníticos do Porriño polo leste, experimenta asolagamentos parciais en épocas de enchentes, aínda que a hidromorfía propia dos terreos, con representacións de turbeiras e brañas, implica un estancamento da auga nalgunhas áreas formando lagoas de pouca profundidade.

Existen importantes formacións de bosques de ribeira, nalgúns puntos moi ben conservados e que cobren boa parte do espazo.

A altura máxima do LIC Gándaras de Budiño é de 67 m s.n.m., sendo a media de 24 m s.n.m.

A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués. Dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival.

 

Información detallada

Mapa topográfico (6,8 Mb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS