Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Costa Ártabra
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Costa Ártabra

Extenso tramo de costa do extremo setentrional da provincia da Coruña, de máis de 100 km de fronte maioritariamente aberta, que se estende entre as rías de Ares e de Ortigueira. Inclúe, así mesmo, parte da serra da Capelada e da ría de Ferrol, e unha superficie de augas mariñas de 548 ha. Ademais de posuír unha beleza paisaxística sobresaínte no seu conxunto, algúns dos seus recantos son merecentes da máxima consideración pola súa excelencia e singularidade escénica. Por outra parte, a súa variedade litolóxica, a existencia de amplas áreas de rochas básicas e ultrabásicas e a frecuente alternancia de extensos depósitos sedimentarios e áreas acantiladas de gran desenvolvemento e forte pendente, entre outros factores, propicia a existencia dunha variedade única de hábitats no marco da costa galega.

O LIC sitúase na rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-asturiano. O seu dominio climático é o oceánico húmido, cunha precipitación media anual que vai dos 1.376 aos 2.103 mm segundo sectores, unhas temperaturas medias de 12,9 a 13,1 ºC e ausencia case total de xeadas.

Información detallada

Mapa topográfico (18,4 Mb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS