Profundos canóns orixinados polos ríos Sil e Cabe ó longo de máis de 15 Km con desniveis que van desde os 300 ós 500 m. Gran parte da súa superficie está cuberta por mato, principalmente as abas orientadas cara ó sur. A vexetación predominante é de tipo mediterráneo, e existen alguns bosquetes de sobreira e a presencia esporádica de aciñeiras. Cabe salienta-la existencia, nas abas do norte, de fragas de castiñeiros de certa entidade.
