Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> ZEPVN >> Cabo Udra
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Cabo Udra

Tramo costeiro situado na parte externa da pequena ría de Aldán, no que alternan pequenas áreas acantiladas e rochedos graníticos de baixa altura con pequenas calas e praias areosas encaixadas, e que inclúe importantes matogueiras costeiras. Área dun gran valor paisaxístico, localizada nun contorno densamente poboado.

O espazo natural esténdese ao longo dunha fronte costeira duns 8 km de lonxitude, e sitúase entre as praias Mourisca (Bueu) e de Menduíña (Cangas). O Pedrón, Ancoradoiro, Lagos, Bon e Laguelas son outros pequenos areais que, en conxunto, cobren uns 800 m de costa. A máxima altura é de 191 m sobre o nivel do mar, aínda que a altura media se sitúa nos 48 m. Inclúe unha extensión de 443 ha de augas mariñas, o que representa un 71% da superficie total do LIC, na súa maior parte por encima da isóbata dos 15 m.

A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 877 mm, temperatura media de 13,8 ºC e ausencia total de xeadas.

Información detallada

Mapa topográfico (2,4 Mb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS