Fragas caducifolias con especies autóctonas en zona de media montaña. É un dos bosques de bidueiro mellor conservados de Galicia, ademais de ter unha boa representación doutras especies arbóreas, con importancia fitoxeográfica por ser un dos exemplos de vexetación eurosiberiana máis meridionais de Galicia. A altitude do espazo varía entre os 959 m e os 1.600 m s.n.m., cunha altitude media de 1.310 m s.n.m.
O estado de conservación deste LIC é bo.
A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués.
