Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Espazos protexidos >> Rede galega >> Monumento Natural >> Pena Corneira
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pena Corneira

Trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 km en sentido meridiano e 7 km en sentido suroeste-nordeste, froito dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda dun antigo volcán, hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O dito batolito está constituído por rochas graníticas hercínicas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, aparecendo granitos biotíticos e granodioritas biotítico anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posible a existencia do macizo de Pena Corneira e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bolos, pías (pot holes, gnammas), etc.

No medio de todo este afloramento de rochas graníticas destaca unha singular rocha que lle dá nome á serra; é a famosa Pena Corneira, un verdadeiro fito xeográfico de 10 m que preside o Espazo Natural.

Todo este macizo granítico reúne un interese especial pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos, constituíndo un lugar moi atractivo para xeólogos de prestixio internacional.

Información detallada


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS