Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Data de declaración

27 de outubro 2006

Superficie

53.664 hectáreas

Municipios con territorio na RB
- Os municipios incluídos na Reserva da Biosfera de Ancares son: Cervantes, Navia de Suarna e parte do municipio de Becerreá

Figuras de protección

  • Reserva Nacional de Caza
  • Zona de Protección do Oso Pardo
  • Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Os Ancares - O Courel (ES1120001)
  •  Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Cruzul-Agüeira (ES1120007)
  •  Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares (ES0000374)

Zonificación

A zonificación proposta para a Reserva da Biosfera de Os Ancares consta de dúas Zonas Núcleo (14.224 hectáreas), que constitúen o 26,9% da superficie. Unha delas é o Faial da Pintinidoira, ao sur da reserva; a outra está formada pola Zona de alta montaña da Serra de Ancares, ao leste da Reserva, os vales dos Ríos Ser e Raio, o Val do Río Navia, no límite oeste da Reserva e por último dúas áreas contiguas localizadas ao sueste da Reserva: o aciñeiral de Cruzul e Monte Agüeira.

As Zonas Tampón teñen unha superficie total de 31.975 ha (59,6% da RB), inclúen as superficies que rodean ou están contiguas á Zona Núcleo comprendidas no LIC Cruzul Agüeira e o LIC Os Ancares - O Courel (só a parte do devandito LIC correspondente a Os Ancares atópase dentro da Reserva da Biosfera proposta), por ser zonas que se axustan ás funcións que debe ter unha zona tampón (fomento e mantemento das prácticas de desenvolvemento sostible). Ademais, forman parte da zona tampón os territorios onde se localizan as entidades de poboación que están dentro da zona oseira. Nestas zonas permitiranse aqueles usos vinculados á investigación, divulgación e educación ambiental, á execución de infraestruturas de interese xeral ou de utilidade pública, os usos agrícolas e gandeiros que se viñesen realizando e as súas melloras, cando resulten compatibles coa protección do medio natural; o aproveitamento forestal conforme aos proxectos de ordenación ou plans técnicos forestais; os cinexéticos conforme aos plans de ordenación cinexética; as prácticas deportivas e turísticas que o Plan de Ordenación da Reserva de Os Ancares, que está previsto realizar, considere compatibles coa conservación da natureza, e as construcións e instalacións vinculadas a investigación ou educación ambiental, así como excepcionalmente, as construcións e instalacións vinculadas aos aproveitamentos agrícolas, gandeiros ou forestais que non a deterioren gravemente.

A Zona de Transición (7.465 ha e un 13,91% da superficie total) queda definida polo resto da superficie da Reserva proposta, que como xa se indicou abrangue os municipios de Cervantes e Navia de Suarna ao completo e parte do municipio de Becerreá. Na zona de transición poderanse desenvolver actividades menos restritivas que nas anteriores, tanto de carácter agrícola como turístico e recreativo e outras formas de explotación.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS