O precinto de caza maior, en cor amarelo, móstrase como unha tarxeta na que se fan figurar unha serie de datos, unida a unha tira do mesmo material, que ten que colocarse na peza de caza.
No seu anverso aparece o escudo institucional da Xunta de Galicia, xunto cos datos que identifican a especie, sexo do animal abatido e a data e o lugar no que se realizou a cacería.
Preséntase separado en dous partes por unha liña descontinua, nas que figuran os mesmos datos. O obxecto desto é que a porción de menor tamaño, á que chamaremos guía ou matriz, poida ser cortada para constancia do precinto que se fixa ao corpo do animal.
O precinto, elaborado en plástico resistente, leva unha tira dentada que se introducirá na regaña, que se atopa na base da tarxeta, de modo que quede fixado sólidamente e impida a súa manipulación.
As anotacións faranse mediante o troquelado da tarxeta, sobre o dato que corresponda en cada caso. Fanse figurar, na parte superior, en decenas e unidades, os día do mes para facer constar a data da cacería. Na parte inferior relaciónanse con igual fin, os meses do ano en que a mesma tivo lugar.
No recadro sobre o que figura a indicación n° de matricula, anotarase polo órgano administrativo, de maneira individualizada e con tinta indeleble, o número de matricula do TECOR, explotación cinexética comercial ou explotación cinexética mixta, ao que corresponde a peza cazada. No caso de que a cacería tivese lugar nunha reserva de caza ou nun terreo de réxime cinexético común, cruzarase cun aspa o citado recadro.
A clave numérica que se sitúa por debaixo do devandito recadro, identifica cada un dos precintos. Por debaixo fanse figurar os anos de vixencia dos precintos de caza maior. No reverso faise expresión dunhas abreviaturas das especies, que se deben identificar con este precinto:
| CZ | XB | CV | O | CM | RB | GM | MF |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Corzo | Xabarín | Cervo | Lobo | Cabra Montés | Rebeco | Gamo | Muflón |
Dende o Servizo de Caza e Pesca remitiranse ás Delegacións Provinciais os precintos numerados acompañados dunha relación dos mesmos xunto cunha aplicación informática que permitirá o seu control. Nesta aplicación apuntarase de forma individualizada os precintos que se lle outorgan a cada un dos tecores ou explotacións cinexéticas de acordo cos seus respectivos plans de aproveitamento e previo pagamento das taxas correspondentes. Ademáis, para cada código indicarase a especie e o tipo de cacería para os que se autoriza o seu emprego. Todos estes datos deben anotarse de forma manual en cada precinto empregando tinta indeleble ou troquelado. No caso dos precintos expedidos para a súa utilización en terreos de réxime cinexético común e na reserva de caza, anotaranse os mesmos datos agás o número da matrícula, en cuxo lugar se poñerá un aspa.
A partir da propia delegación se haberá de dirixir un escrito aos tecores da provincia, para que pasen a retirar os precintos correspondentes ás pezas cinexéticas, que se fan figurar no plano de aproveitamento anual de cada tecor.
Antes de proceder á súa entrega, anotarase manual, e individualizadamente o número de matricula do tecor ou da explotación cinexética, xa sexa comercial ou mixta e deixaranse anotados os números correlativos, correspondentes aos precintos que se entregan a cada un deles. Cos precintos entregarase unha copia do presente escrito para información dos usuarios.
Os precintos colocaranse no corpo da peza de xeito que non poida desprenderse antes de seu despezamento e que poida servir o seu propósito de identificación da mesma. O representante do tecor ou da explotación cinexética fará as perforaciones oportunas na tarxeta e recortaraa, pola liña descontinua que a divide.
As guías ou matrices dos precintos haberán de entregarse no servizo provincial correspondente para o seu control, xunto cos resultados da cacería. En anos sucesivos, unha vez aprobado o plan de aproveitamento anual e fixada a cota de especies de caza maior autorizada, entregaranse polos servizos de Conservación da Natureza os precintos correspondentes, descontándose deles os que, ao non ser devolta a totalidade das guías ou matrices do ano anterior, se entenden como non utilizados e polo tanto a disposición do titular cinexético para a seguinte tempada de caza.
