No artigo 2 do Convenio das Nacións Unidas sobre Conservación e Uso Sustentable da Diversidade Biolóxica defínese a biodiversidade como:
"A variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas".

