No que á minimización ou erradicación do problema das bioinvasións se refire, o desexable sería poder implementar un mecanismo de prevención e actuación temperá antes de que se produza o establecemento da especie no medio natural. Neste sentido, a Xunta de Galicia elaborou unha serie de criterios polos cales se determinará a inclusión de avisos de detección precoz de especies exóticas con comportamento invasor na nosa comunidade, de maneira que aumenten as posibilidades de éxito no seu control/erradicación e diminúan os efectos negativos sobre as especies e os hábitats naturais galegos.
