Descrición
Planta herbácea, perenne, con grosos rizomas subterráneos e talos erguidos ou prostrados de ata 1,5 metros. As follas son alongadas, de ata 30 cm de lonxitude e ata 4 mm de longo. A lígula está formada por unha coroa de pelos. A inflorescencia está constituída por 2-7 espigas de ata 5 cm. As espiguiñas teñen glumas desiguais lixeiramente mucronadas. O froito é unha cariópside.
Lugar de proveniencia
É orixinaria da costa leste dos Estados Unidos. En Europa, tradicionalmente considerouse S. versicolor Frabre como nativa do Mediterráneo, aínda que actualmente acéptase a sinonimia de ambas e a orixe americana destas plantas.
Propagación
A especie florece moi raramente nas poboacións non-nativas. A propagación é vexetativa por medio dos fragmentos de rizoma que viaxan coa marea e aséntanse en zonas costeiras. A planta forma colonias rapidamente a partir destes propágulos.
Comportamiento e problemática
El hecho de que S. patens ocupe grandes extensiones en áreas de marisma donde forma colonias monoespecíficas desplazando otras especies nativas, así como la rapidez y plasticidad de su comportamiento invasor, la convierten en una de las especies invasoras más peligrosas de Galicia. Esta amenaza fue puesta de manifiesto por el estudio de SanLeón et al. (1999) en Galicia. Es una invasora en gran parte de Europa y en España en la costa levantina, en Huelva y en el litoral cantábrico, y en varias localidades portuguesas.
Introdución
O máis probable é que o vector fose o comercio marítimo a algún porto europeo, e de aí pasaría a outros portos polas correntes. En Galicia é posible que a súa expansión sexa de sur a norte segundo as correntes principais, o que explicaría a súa abundancia nas Rías Baixas e a súa ausencia no norte.
Hábitats en que aparece
Segundo SanLeón et al. (1999) a especie ten o seu óptimo nas comunidades da zona superior da marisma, con menor influencia por salinidade e humidade edáfica. Esta zona está dominanda normalmente pola comunidade de Juncus maritimus. Non obstante, a especie pode encontrarse noutras zonas costeiras como acantilados salpicados, dunas con certa humidade e outros ambientes nitrófilohalófilos.
Distribución en Galicia
En Galicia non se coñece esta especie ata o traballo de SanLeón et al. no 1999, pero obsérvase que a especie está estendida pola costa galega, principalmente nas Rías Baixas, afectando ás marismas das rías e a diferentes áreas naturais como o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o LIC do Baixo Miño e o Parque Natural de Corrubedo. Na zona norte detectouse na marisma betanceira e na enseada de Chanteiro (Ares, A Coruña). A ausencia de floración e a dificultade para a determinación pode explicar que a especie pase desapercibida a pesar de que é probable que viva en Galicia desde hai tempo.
Mecanismos de control
Control mecánico
Spartina pode ser retirada manualmente con facilidade, mais para que esta tarefa teña éxito é necesario retirar tamén os estolóns e os rizomas. A retirada manual é moi efectiva en plántulas xuvenís que aínda non teñen o sistema radicular moi desenvolvido. Outra opción factible consiste en segar a planta. Esta é unha alternativa efectiva que permite conter a dispersión e o crecemento da planta, limitar a produción de semente e eventualmente matala. Non obstante, para este último fin, os clons deben ser segados repetidamente, comezando nos momentos de crecemento primaveral e continuando ata o inicio do período de latencia outonal ou invernal. Nalgúns casos este proceso pode levar de 3 a 4 anos.
Control físico
Esta planta foi controlada con éxito e Washington mediante solarización. Para iso utilizáronse teas de polipropileno (Geotech Fabric, woven plastic mat), que foron fixadas ao solo e aseguradas con cables que se entrecruzan en zig-zag sobre o plástico. Necesitáronse case catro anos para eliminar totalmente a planta.
Control químico
A técnica máis axeitada é a aplicación untando a planta con brochas ou esponxas de glifosato ao 20%, aínda que este método pode ser utilizado dunha maneira práctica unicamente contra pequenas poboacións. Por suposto que se poderían realizar fumigacións con mochila, aínda que dada a capacidade que ten esta especie para medrar entre especies nativas, é difícil que haxa casos en que esta técnica puidese ser utilizada sen lle afectar á flora nativa. Á hora de aplicar un tratamento químico con glifosato, débese ter en conta que esta planta acumula altos niveis de sal nas súas follas, o que vai reducir considerablemente a absorción do herbicida e, polo tanto, a súa eficacia. Polo tanto, será necesario usar os adxuvantes axeitados que favorezan a penetración do produto para así contrarrestar o efecto antagonista causado por estes ións.
Control biolóxico
Non existen axentes para controlar bioloxicamente esta planta. Prokelisia marginata (Homoptera) está sendo estudado na actualidade para o seu uso potencial contra Spartina alterniflora.
Bibliografía
Britton& Brown, 1913; Anon., 1999; SanLeón et al., 1999; Anon., 2003c; USDA-NRCS, 2005.

Ficha (102 Kb)
Nome común
Espartina
Nome científico
Spartina patens
Clase
Plantas superiores
Familia
Gramineae
