Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Lamprehuela (Cobitis calderoni)

Descrición

É unha pequena especie bentónica que non supera os 8 cm de lonxitude. Corpo cilíndrico e alongado con escamas diminutas, dunha cor xeral abrancazada, con multitude de manchas escuras moi constantes e ordenadas en catro series lonxitudinais, sendo a inferior a que presenta as manchas de maior tamaño. É característica a presenza de seis barbelas na súa boca, de localización ínfera. A aleta dorsal presenta 7 raios ramificados e insírese algo posteriormente ao comezo das aletas ventrais. Sen dimorfismo sexual externo.

Reprodución

Parece ter lugar na primavera, entre marzo e maio. Desovan sobre fondos de grava en cursos de augas de corrente forte. As postas son reducidas, de tan só 200 ovos aproximadamente.

Alimentación

A súa dieta componse de invertebrados do fondo dos ríos (crustáceos, insectos, rotíferos, anélidos...).

Hábitat

Especie moi sedentaria, de hábitos nocturnos, que pasa a maior parte do tempo semienterrada no substrato. Adoita habitar os tramos medios dos ríos, en augas claras con fondos de grava e rocha e en zonas onde a concentración de oxíxeno disolto na auga é elevada. Evita as augas profundas e en xeral desprázase en grupos de 5-10 exemplares.

Distribución

Endemismo español. Na península Ibérica as súas poboacións son escasas e atópanse en marcada regresión. En Galicia está presente no río Tea e, polo tanto, en conexión co río Miño.

Ficha (27 Kb)

Nome común
Lamprehuela
Nome científico
Cobitis calderoni
Clase
Peixes e Agnatos
Familia
Balitoridae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS