Hábitat
Tapiza abas de media-alta montaña, estando ausente ou sendo máis rara en zonas próximas á costa.
Función
As formacións desta especie ou outros breixos configuran un estrato que intervén na fixación do chan nas zonas de pendente sobre as que se instala; tamén serve de refuxio para determinado tipo de aves, entre as que podemos citar as papuxas (Sylvia spp.), o escribenta riscada (Emberiza cia), acentor común (Prunella modularis), a gatarfonela (Circus cyaneus) e a tartaraña cincenta (C. pygargus), etc. Basicamente a súa función é de tipo estrutural. En certas zonas da nosa xeografía, como por exemplo O Courel, configura a fisionomía da maior parte da paisaxe, sendo polo tanto tamén un elemento estético importante nas zonas onde se dan as maiores extensións de breixo.

Ficha (31 Kb)
Nome común
Uz moura
Nome científico
Erica aragonensis
Clase
Plantas superiores
Familia
Ericaceae
