Hábitat
Vive en augas rápidas, frías e, polo tanto, ben oxixenadas. Como outros salmónidos, é unha especie sensible á alteración das augas nas que vive, como por exemplo aos cambios de temperatura ou a eutrofización.
Función
Esta especie ten un importante papel na cadea trófica. Por unha parte como consumidor de, fundamentalmente, macroinvertebrados bentónicos (tricópteros, efemerópteros, plecópteros, dípteros,...), intervindo activamente no control e funcionamento das poboacións destas especies que, ao mesmo tempo, tamén constitúen especies clave nos ecosistemas fluviais. Por outra banda, serven de alimento a outras especies: os alevíns son presas de invertebrados como larvas de ditíscidos ou odonatos, mentres que os exemplares subadultos ou adultos forman parte da dieta de aves (garzas, picapeixe, miñatos, etc.) e mamíferos como a lontra (Lutra lutra). Ademais, e dadas as súas esixencias ecolóxicas, é utilizada en moitos casos como bioindicador da calidade da auga.

Ficha (31 Kb)
Nome común
Troita común
Nome científico
Salmo trutta
Clase
Peixes e Agnatos
Familia
Salmonidae
