Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Sphagnum pylaisii (Sphagnum pylaisii)

Hábitat

É un brión que crece sobre chans permanentemente húmidos, como poden ser prados hidromorfos, breixeiras higrófilas, turbeiras, etc., que, en xeral, son medios ácidos oligotrofos (pobres en nutrientes).

Función

Forma un substrato vexetal que axuda ao mantemento estrutural doutro tipo de vexetación, entre a que figuran moitas especies de carácter higrófilo; ademais, este substrato muscinal proporciona un reservorio de humidade en épocas máis secas. A superficie porosa do brión permite tamén a acumulación de grandes cantidades de minerais, os cales finalmente pasan a formar parte destes medios pobres en nutrientes. En xeral, estas funcións son desempeñadas por outros moitos brións do xénero Sphagnum (S. papillosum, S. auriculatum, S. compactum). Trátase de plantas con características fisiolóxicas e de crecemento capaces de modificar profundamente o substrato sobre o que se instalan.

Ficha (31 Kb)

Nome común
Sphagnum pylaisii
Nome científico
Sphagnum pylaisii
Clase
Brións
Familia
Sphagnidae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS