Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rato do campo (Apodemus sylvaticus)

Hábitat

O rato de campo (Apodemus sylvaticus) é unha especie ubiquista que aparece en case todos os biótopos, naturais ou humanizados, desde áreas abertas (pradarías, cultivos,...) a bosques moi mestos.

Función

Ao consumir esencialmente froitos e sementes pode xogar un papel importante na dinámica dos bosques en que vive (frecuencia de especies, densidade do arboredo, etc.). Pola súa ubicuidade e abundancia, supón ademais un importantísimo recurso trófico para curuxas, mouchos das orellas, mustélidos, raposos e outras moitas especies animais. É, para estas especies de depredadores, un dos elementos base da súa dieta, polo que ten un valor ecolóxico de especial relevancia no mantemento das súas poboacións.

Ficha (31 Kb)

Nome común
Rato do campo
Nome científico
Apodemus sylvaticus
Clase
Mamíferos
Familia
Muridae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS